Merlán, en Palas de Rei, celebrará o Entroido cunha cea e festa o 8 de marzo

LugoXa
O evento, organizado co apoio do Concello de Palas de Rei, incluirá unha cea a base de cocido e unha noite de música e diversión
Merlán-Palas-de-Rei
16 Feb 2025

A parroquia de Merlán, en Palas de Rei, prepárase para celebrar o Entroido cunha gran festa o vindeiro 8 de marzo no Centro Social de Merlán.

O evento, organizado co apoio do Concello de Palas de Rei, incluirá unha cea a base de cocido e unha noite de música e diversión.

A celebración comezará ás 21.0 horas coa tradicional cea de cocido, para a cal é necesario reservar antes do 5 de marzo. O prezo da cea é de 20 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.

A partir das 23.30 horas, a cantante Laura Musical será a encargada de poñer a animación á festa, garantindo unha noite chea de ritmo e alegría.

Ademais, os asistentes están convidados a asistir disfrazados, xa que haberá premios para os mellores disfraces en tres categorías: infantil, adulto e grupal.

Para completar a celebración, tamén se sortearán produtos típicos do Entroido entre os asistentes.

0.1606559753418