Metaco organiza en Baralla unha nova edición da concentración de clásicos Ancares

LugoXa
A saída terá lugar a partir das 10.00 e percorrerán Sarria, Samos, Triacastela, Poio, Pedrafita, As Nogais e Becerreá
concentracion_clasicos_ancares-portada
Cartel da cita
8 Xuño 2024

O colectivo Metaco continúa coa súa actividade e programa a segunda concentración de motos e vehículos clásicos Ancares e unha concentración moteira en Baralla. A cita será o vindeiro 20 de xullo a partir das 9.00 horas na praia fluvial do municipio.

A saída terá lugar a partir das 10.00 e percorrerán Sarria, Samos, Triacastela, poio, Pedrafita, As Nogais e Becerreá. A partir das 15.00 hora dará comezo o xantar na praia fluvial e logo levarase a cabo a entrega de trofeos. Entre as 18.00 horas e as 23.00 horas haberá exhibicións. Os interesados en participar ponde anotarse ata o vindeiro 15 de xullo.

concentracion_clasicos_ancares
0.12436294555664