Minguante actuará este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
O dúo Minguante estará este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar A incrible historia do home minguante.
DUO MUSICAL MINGUANTE
19 Abr 2023

O dúo musical Minguante estará este sábado, 22 de abril, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar, en concerto acústico, o seu traballo A incrible historia do home minguante.

Minguante está composto por Miguel Alonso (voz, guitarra e harmónica) e Óscar Martínez (voz, guitarra e caixa), dous músicos de ampla traxectoria, que en maio de 2022 editaron este primeiro traballo longo con que están a presentar por toda Galiza.

O concerto deste sábado, alén das cancións de autor e pop deste disco, incluirán cancións dos seus proxectos individuais, como o de Literaria, onde Miguel Alonso musicalizou once poemas de escritores galegos actuais como Toño Núñez, Marta Dacosta, Iolanda Aldrei...

Para asistir ao concerto (billete 5 euros) cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

0.21401715278625