'Miradas do Imperio' chega á Biblioteca Nodal de Lugo

LugoXa
A Biblioteca Nodal de Lugo acolle, dende esta semana, a mostra 'Miradas do Imperio', de Alfredo Eria despois de estar na delegación da Xunta
Augusto exposicion Alfredo Eria
15 Xul 2022

A mostra de Alfredo Erias Miradas do Imperio xa se pode visitar na sala da Biblioteca Provincial de Lugo. Logo de ser trasladada dende a delegación territorial da Xunta en Lugo.

Alfredo Erias, ata a súa recente xubilación Director do Museo das Mariñas e do Anuario Brigantino, inaugurou esta exposición en Lugo, na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, coincidindo co Arde Lucus, amosando un abano de emperadores e emperatrices de Roma ata o século III, con especial fincapé nos que tiveron relación con Lucus Augusti, incluíndo ademais as estelas de Crecente e Adai, que figuran entre os fondos do Museo Provincial de Lugo.

Nos cadros reprodúcese a imaxe dos mandatarios romanos, coñecida a través das estatuas existentes nos museos de todo o mundo.

Situada no acceso ás instalacións da Biblioteca, a mostra pode ser visitada no horario de funcionamento do centro, de luns a venres, de 8,30 a 14,30.

0.13284301757812