Miraz celebrará esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Carme e ao Apóstolo Santiago

LugoXa | TerraChaXa
As celebracións comezarán o venres cunha cea popular a partir das 21.30 horas, na que se servirán liscos e chourizos
festas-miraz
23 Jul 2026

A parroquia de Miraz, no concello de Friol, vivirá esta fin de semana as súas festas patronais na honra á Virxe do Carme e ao Apóstolo Santiago cun programa que combinará actos relixiosos, gastronomía popular e varias actuacións musicais.

As celebracións comezarán o venres cunha cea popular a partir das 21.30 horas, na que se servirán liscos e chourizos a cargo do Bar Dandy. A xornada continuará cunha verbena amenizada polo Dúo Venus.

O sábado 25 de xullo, coincidindo coa festividade do Apóstolo Santiago, celebrarase unha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú coa Orquestra Stéreo. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena na que actuarán novamente a Orquestra Stéreo e o Dúo Marejada.

O programa rematará o domingo cunha nova misa solemne ás 13.30 horas e a correspondente procesión. A sesión vermú dará paso á última gran verbena das festas, que estarán amenizadas pola Orquestra Compostela.

0.12810802459717