Mobilidade retirará 25 vehículos abandonados da rúa

LugoXa
A área de Mobilidade retirará un total de 25 vehículos abandonados das rúas da cidade para trasladalos ao depósito municipal
Vehiculo Abandonado
Vehiculo Abandonado
20 Feb 2023

Durante os vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade segundo anunciou o tenente alcalde Rubén Arroxo. Trátase dun total de 25 vehículos, que serán trasladados nos vindeiros días ao depósito municipal, “o que permitirá mellorar a seguridade e a imaxe dos espazos públicos, dado que algúns destes vehículos atópanse desmantelados”.

Esta medida, reclamada pola veciñanza das zonas afectadas, e baseada nos informes da Policía Local, ten como obxectivo mellorar a imaxe de Lugo, e facilitar o aparcamento, coa liberación das prazas ocupadas.

Para que un vehículo se considere abandonado, a lexislación actual indica que debe permanecer estacionado no mesmo lugar por tempo superior a un mes, e presentar desperfectos que lle impidan desprazarse con autonomía. As e os propietarios destes vehículos poderán reclamalos no depósito municipal unha vez reciban a notificación emitida polo Concello.

0.1878559589386