Mondoñedo acolle a XXXI Concentración Mototurística N-634 A Invernal de Galicia
O Concello de Mondoñedo acollerá a XXXI Concentración Mototurística N-634 A Invernal de Galicia, que será os días 14 e 15 de marzo.
A preinscrición, por un prezo de 29 euros, está aberta ata o venres 6 de marzo. Cada inscrición será de 32 euros e inclúe camiseta, pin e imán artesán do Alfar de Mondoñedo (As formas da Terra).
A concentración iniciarase o día 14, ás 12.00 horas, coa inscrición dos participantes, os cales poderán degustar un ágape de benvida. Ás 16.00 horas, iniciarase a programación de xogos e de sorteos qie iinclúe un toro mecánico, para dar paso ás 20.00 horas ao desfile polas rúas da vila.
Xa pola noite será a cea de confraternización no polideportivo e a gran verbena amenizada pola Oca Band e unha queimada.
O día 15, despois de almorzar os participantes desfrutarán dunha ruta turística pola Mariña, que rematará cun comida no pavillón.