Mondoñedo celebrará a festa de Entroido o día 29

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Feb 2020

O Concello de Mondoñedo celebrará a festa de Entroido o sábado 29 de febreiro, xornada na que terá lugar o Sábado de Piñata.

Xa pola mañá haberá ambientación ndas rúas coa comparsa invitada A Folixa de Vegadeo.

O desfile dará inicio ás 17.30 horas e o seu punto de saída será desde o Campo dos Paxariños, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na praza da Catedral.

A festa proseguirá ás 20.00 horas na praza do Concello co Baile de Entroido amenizado pola orquesta Dúo Zafiro, que ademais tocará a partir das 23.00 horas.

Haberá premios nas categorías adultos (comparsas 1.700 euros, grupos de máis de 10 persoas 1.100 euros, grupos de menos de 10 persoas 450 euros, parellas 400 euros e disfraces individuais 325 euros) e infantil (grupos 450 euros, parellas 225 euros e individuais 150 euros).

Ademais, haberá dous premios especiais para o mellor disfraz local e mellor grupo, dotados con 50 e 150 euros respectivamente.

Será posible anotarse a través do correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 982 524 003. O prazo máximo para inscribirse será ata o propio sábado, 29 de febreiro.

Tamén abre o prazo para anotarse como Raiña e Rei do Entroido. As prazas iranse cubrindo por orden de inscripción chamando ao 619 085 304 ou 691 322 467.

A maiores haberá un baile infantil de Entroido o día 21 con chocolatada e será na praza de Abastos Peña de Francia. E os máis cativos contarán con obradoiros, globoflexia e maquillaxe a partir de 3 anos o día 24 ás 16.00 horas na Casa da Xuventude.

0.1690719127655