Mondoñedo comeza coas obras de mellora entre a LU-124 e o Couto de Outeiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo comeza coas obras de mellora do vial municipal entre Lu-124 e o Couto de Outeiro.
62504448_2700704859943136_6060189345598406656_o
15 sep 2020

O Concello de Mondoñedo comeza coas obras de mellora do vial municipal entre Lu-124 e o Couto de Outeiro.

A empresa adxudicataria é Construcciones Isidro Otero S.L. Pedimos desculpas polos transtornos que se van ocasionar durante a execución das obras.

A ampliación desta infraestrutura viaria de titularidade municipal que constitúe a vía máis directa de comunicación entre o núcleo urbano de Mondoñedo e a parroquia de Lindín conta cun orzamento de 38.065,56 euros que permitirá tamén mellorar o firme e a sinalización.

Trátase dunha infraestrutura que “será moi útil aos veciños e veciñas”, segundo sinalan dende o goberno municipal; porque “permitirá proporcionar máis seguridade ás persoas que a usen nun suposto excepcional como é a saída dunha vía de alta capacidade (A-8)”.
O proxecto recolle o aumento do ancho da vía por ambas marxes ata o comezo do solo rústico ao tempo que se adapta á aliñación que marca o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

As obras consistirán na roza e limpeza do terreo con retirada da terra vexetal, a demolición do muro de contención e peche, dos pasos salvacunetas existentes, así como do pavimento que sexa necesario retirar para executar o novo paquete de firme, a escavación por medios mecánicos para a retirada de terras tras o muro e xunto á calzada para a ampliación da caixa do firme e a cuneta, a execución de gabia para aloxar a canalización do cableado, a construción de muro de pedra e de pasos salvacunetas. Xa por último executarase a nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente e o pintado de marcas da vía e recolocación dos sinais.

0.20131206512451