Mondoñedo continua coa súa programación alternativa de cultura e ocio

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo presentou esta mañá xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.
Mondoñedo continua coa súa programación alternativa de cultura e ocio
5 Sep 2020

O Concello de Mondoñedo presentou esta mañá xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.

Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediático de orquestras como París de Noia ou Fania Blanco Show, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes extraordinarios”.

A programación cultural dará comezo coincidindo coas datas das suspendidas festas dos Remedios, e incluirán unha xincana musical polas rúas do casco histórico de Mondoñedo, organizada dende a Escola Municipal de Música de Mondoñedo, así como a Festa da Bicicleta, dende a Praza da Catedral e ata a Alameda dos Remedios, prevista para o sábado 12 de setembro.

Para o día seguinte, día da patroa, ademais da celebración da misa de ofrenda na que se habilitará unha pantalla e butacas con distancia social para poder seguir o acto relixioso, tamén haberá a actuación do Grupo local Zafiro e xa pola tarde, a actuación da banda de música de Mondoñedo “Pascual Veiga” e o monólogo de David Perdomo no Auditorio Municipal ( entradas en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/monologos/auditorio-pascual-veiga/11241--monologo-de-david-perdomo.html )

Voces da Paula

O ciclo musical “Sons da Paula”, que se desenvolverá todos os sábados, terá como colofón a celebración da gala musical “Voces da Paula” na que participarán cantantes profesionais e amaters de Mondoñedo. Será o sábado 17 de outubro, na Alameda dos Remedios.

A programación complétase coa celebración das XIII Xornadas do Peregrino, organizadas pola Asociación “Abrindo Camiño”, que terá lugar o venres, 2 de outubro, e o sábado 19 de setembro, “A Noite Romántica”, un evento simultáneo na rede de “Los Pueblos Más Bonitos de España”, día no que tamén se representará unha obra de teatro co título “Tal vez soñar” de Hilo Producciones, unha actividade patrocinada polo Xacobeo 2021.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17626285552979