Mondoñedo da man de 'Unha Viaxe no Tempo' polo Camiño do Norte

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo acolle o 6 e o 13 de marzo as actividades Unha Viaxe no Tempo polo Camiño do Norte.
WhatsApp Image 2020 06 10 at 14.43.52
18 Feb 2020

O Concello de Mondoñedo acolle o 6 e o 13 de marzo as actividades Unha Viaxe no Tempo polo Camiño do Norte.

A xornada comezará ás 18.30 horas na oficina de Turismo de Mondoñedo o día 6 coa visita polo casco histórico, e xa ás 20.00 horas será a conferencia a cargo de Manuel Valín Valdés.

Xa o día 13, no centro de interpretación do Camiño Norte, farase unha visita ao centro e ao albergue de peregrinos, e acto seguido haberá unha conferencia a cargo de Laureano V. García Díez.

Para rematar, haberá unha degustación de produtos locais.

Para máis información será necesario escribir un email a terrasdemiranda.turismo@gmail.com ou chamar aos teléfonos 672 129 860 / 674 028 760.

0.162917137146