Mondoñedo inscribe nun curso de defensa persoal para as mulleres
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Mondoñedo organiza un curso de defensa persoal e autoprotección para mulleres que terá lugar entre o martes 5 de novembro ata o venres, 8.
2 Nov 2019
Mondoñedo organiza un curso de defensa persoal e autoprotección para mulleres que terá lugar entre o martes 5 de novembro ata o venres, 8.
As sesións impartiranse de 20 a 22 horas, no Pazo de Santomé de Mondoñedo. As prazas son limitadas polo que convén poñerse en contacto cos servizos sociais e o centro de información á muller do Concello canto antes para inscribirse de xeito gratuíto. Tamén informa ao respecto a asociación GDR 1 Terras de Miranda ubicada no devandito pazo. Pódese chamar ao 982 524 003, entre outros.