Mondoñedo participa no proxecto Camiños de identidade
Mondoñedo está no proxecto Camiños de identidade, unha aposta pola integración e posta en valor do mundo rural, que terá lugar en cinco concellos galegos.
A primeira cita será o 1 de febreiro polo Concello mindoniense, no que de 11 a 13 horas haberá un paseo guiado pola ruta das Hortas e o barrio dos Muiños, que fará a súa saída desde a praza da Catedral.
Ás 14 horas haberá un xantar, e ás 17 horas na Casa da Xuventude será a presentación oficial de Camiños de identidade.
Para participar é necesario reservar praza no 655 645 804 ou en info@amarela.es.
As actividades son de balde con inscrición previa ata completar o aforo.
O seguintes Camiños serán o 8 de febreiro en Rodeiro, o 29 en triacastela, o 14 de marzo en Porqueira e o 4 de abril en Cabanas.