Mondoñedo viaxa esta fin de semana ao medievo cunha festa de época
O vixésimo oitado Mercado Medieval de Mondoñedo comeza este venres, día 9, coa apertura dos postos ás 20 horas e o pasarrúas a cargo de Mondrum. Ás 23 horas haberá unha representación histórica sobre as orixes da cidade mindoniense na Praza da Catedral, que será como un acto simbólico en homenaxe aos amigos da festa. A continuación, visitaráse a San Roque e a Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II acompañará a ruada nocturna. Estarán acompañadas por doncelas e todos eles irán guiados polo druída Pedratón. A xornada rematará cunha queimada popular á medianoite e o reparto entre os asistentes das 'manciñas de amor'.
Xa o sábado 10 comezará a festa como tal dende a apertura do mercado diante da Catedral ás 11.00 horas e o posterior desfile das Compañías desde o Seminario ata o consistorio. Logo sairán as autoridades, formadas polo Rei, por Merino e Merina, os soldados das mesnadas, a corporación municipal e de novo a Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro Ii de volta á seo catedralicia. Tamén desfilarán polas rúas Himnodium, os Caballeros Medievais especialistas en Hípica Celta, entre outros. As rúas estarán cheas de xente vestida de época.
Ás 12 horas, desde o balcón da antiga casa consistorial, cara a Catedral, será María Concepción López Garcí a encargada de ler o pregón de apertura do Mercado Medieval. E durante todos os días de troula haberá demostración e venda de produtos artesáns, coma palilleiras ou a canteiría, este último de 11 a 13 horas. Tamén se poderá degustar de balde liscos, pan, viño e cervexa na Praza da Catedral desde as 12 e ata as 17 horas e por último, venderanse xarras conmemorativas da festividade.
Ás 12.15 do sábado, Souto Xímaro animará coa súa música tradicional a festa polas rúas, ao igual que farán os bufóns e a familia de Bernárdez. Ás 12.15, na Praza da Catedral haberá un espectáculo de cetrería e polas rúas pasearán á hora de comer o grupo Himnodium, os cazadores de dragóns e Os Elegantes, ademais do concerto que ofrecerá diante da seo Souto de Xímaro ás 16.15 horas. A tarde prosegue ás 16.30 coa demostración do oficio de canteiro ata as 18.30 horas, cos xigantes e xograres percorrendo o viario, e no campamento medieval, haberá combates entre cabaleiros. Kacharra e Micromina Títeres actuarán, uns polo rueiro, outros na Praza do Seminario. Ás 18 horas, os asistentes comezarán verse aos saltaríns e os triduentes entre a xente e será o momento da entrega de credenciai conmemorativas do Mercado, entregadas polo rei Afonso VII no campamento das mesnadas, con saída dende a Catedral cara a rúa da Fonte.
Ao caer a tarde, comezarán os xogos da captura do mercenario polas rúas e ás 19 na Praza do Concello, os bufóns amosarán como xogan cunha gran bola. Volverán a exhibicións de cetrería ás 19.30 horas na Catedral e os cabaleiros exhibirán tamén a súa vestimenta no parque xunto ao Seminario, antes de que ás 20 horas comece o Gran Torneo Medieval, con especialistas en hípica celta e a música de Himnnodium, no campo de fútbol do seminario. Será este o lugar onde ás 20.45, os cabaleiros continúen despois cos seus entrenamentos cara ao público.
Os seres fantásticos percorrerán as rúas xusto antes da cea medieval das 21.30 horas na Praza da Catedral, que consistirá en polo asado, xamón cocido, froita, pan e viño. Os comensais poderán sumarse á mesa comprando unha xarra e un prato conmemorativo por 12 euros e poderán ver o concerto de Himnodium. Ás 22.30, iluminarase a seo catedralicia e ás 22.45 actuará na Praza do Concello o grupo andalusí Mawwál. Ás 23 horas, na Praza da Catedral, haberá un espectáculo aéreo e de circo, antes de que o día remate á medianoite cunha queimada e un pasarrúas a cargo do grupo Louband.
O domingo remata a festa cunha demostración de oficios a cargo dun zoqueiro de 11.30 a 13 horas, cos entrenamentos dos cabaleiros e o concerto de Souto de Xímaro ás 12.15 na Praza do Seminario, ademais da cetrería das 12.15 horas. O máis importante da xornada dominical pode ser quizáis a voda medieval polo rito mozárabe que se celebrará na Fonte Vella, ademais de todo o espectáculo do día anterior polas rúas e da entrega de credenciais por parte do rei Afonso VII no campamento das mesnadas. Ás 18.30 horas, no devandito campamento, haberá tiro con arco e combates entre cabaleiros, continuarán os espectáculos de cetrería ás 19 horas e ás 20 horas, celebrarse o Gran Torneo Medieval no campo de fútbol do Seminario, antes de que o día remate cun espectáculo aéreo e de circo na Praza da Catedral.