Monterroso abre a preinscrición para as actividades de verán gratuítas dirixidas á infancia e á mocidade

LugoXa
O Concello organizará unha ocioteca para Infantil e un campamento para Primaria entre o 22 de xuño e o 4 de setembro
Campamento-Semana-Santa-Monterroso
9 May 2026

O Concello de Monterroso vén de anunciar a apertura do prazo de preinscrición para as actividades de verán destinadas á infancia e á mocidade do municipio. A programación inclúe unha ocioteca orientada a nenos e nenas en idade de Infantil e un campamento pensado para alumnado de Primaria.

As actividades desenvolveranse do 22 de xuño ao 4 de setembro, en horario de 8:30 a 14:30 horas, e serán totalmente gratuítas para as familias participantes.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto do 11 ao 15 de maio e poderá formalizarse no Espazo Cultural Lorenzo Varela en horario de tarde.

Desde a organización lembran que os participantes deberán acudir cunha gorra, auga e unha merenda saudable. Ademais, establécese como requisito obrigatorio realizar dúas semanas consecutivas de descanso durante os meses de xullo ou agosto.

0.12826085090637