Monterroso abre as inscricións para a segunda edición do Campus de Tecnificación de fútbol

LugoXa
A actividade celebrarase do 3 ao 7 de agosto nas instalacións deportivas de Cerdeiriños e combinará adestramentos, multideporte e ocio acuático
xornadas-tecnificación-Monterroso
24 Jul 2026

Monterroso acollerá do 3 ao 7 de agosto a segunda edición do Campus de Tecnificación Monterroso, unha iniciativa promovida pola SD Monterroso e dirixida a fomentar a formación deportiva e persoal dos máis novos a través do fútbol e doutras actividades complementarias.

O campus desenvolverase nas instalacións deportivas de Cerdeiriños en horario de 9.30 a 14.15 horas e contará cun servizo de madrugadores de 8.30 a 9.30 horas, con almorzo incluído, para facilitar a conciliación das familias.

Ao longo da semana, os participantes combinarán sesións de tecnificación de fútbol con actividades multideportivas, piscina e ocio acuático, nun programa que tamén fará fincapé na transmisión de valores como o compañeirismo, a amizade e o respecto.

A organización destaca que todos os participantes estarán cubertos por un seguro, que as actividades serán impartidas por monitores e adestradores titulados e que os grupos se organizarán por idades e niveis. Ademais, o campus é compatible co Bono Concilia Familia.

A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Monterroso e as inscricións xa permanecen abertas.

0.12136101722717