Monterroso abrirá en xuño as inscricións para os cursos de natación de verán

LugoXa
A actividade desenvolverase entre xullo e agosto e estará dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos
piscina-Monterroso-pechada
24 May 2026

O Concello de Monterroso organizará este verán unha nova edición dos cursos de natación, que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 31 de agosto en tres quendas diferentes a elixir polas familias participantes.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de 4 ou máis anos e terá un custo de 5 euros por cada quenda.

As inscricións poderán formalizarse entre os días 1 e 5 de xuño no Espazo Cultural Lorenzo Varela.

0.12036991119385