Monterroso achega un obradoiro do chan pélvico ás mulleres do municipio
O vindeiro 19 de febreiro, as mulleres do Concello de Monterroso poderán realizar un obradoiro teórico-práctico do chan pélvico.
Esta actividade servirá para que as mulleres do municipio coñezan o seu propio corpo recoñecendo as principais problemáticas do chan pélvico, axudará a coñecer e coidar co fin de mellorar a saúde das mesmas. Será unha actividade que apoiará o empoderamento a través do coñecemento desta zona do corpo tomando conciencia da mesma.
O obradoiro será impartido por Aida López Fernández fisioterapeuta e osteópata.
A duración do obradoiro será de tres horas podendo elixir horario de mañá de 10.00 a 13.00 ou de tarde de 16.30 a 19.30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela.
A actividade será gratuíta e as prazas son limitadas. Para acadar máis información ou realizar a matrícula deberase achegar pola mañá ao Concello, á educadora social e pola tarde ao Edificio Lorenzo Varela.
CHAN PÉLVICO
O chan pélvico agrupa un conxunto de músculos e ligamentos situados na parte inferior da cavidade abdominal, cuxa función é soster os órganos pélvicos na posición adecuada para asegurar o bo funcionamento dos mesmos