Monterroso acolle a exposición 'Á violencia de xénero… dille non!' polo 25N

O Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso acolle estes días a exposición 'Á violencia de xénero… dille non!', unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A mostra está composta por once paneis que buscan axudar a identificar e rexeitar diferentes manifestacións da violencia de xénero, como o control, a manipulación, o abuso ou a chantaxe emocional. A exposición presta especial atención ás relacións entre adolescentes e persoas mozas, co obxectivo de facilitar a detección destas condutas e promover relacións baseadas no respecto.