Monterroso acolle a proxección do documental sobre Mary Quintero este 9 de xullo

LugoXa
O Centro Sociocultural exhibirá a cinta 'Máis de 90 anos de creatividade', dedicada á pioneira da fotografía en Galicia
documental-Mary-Quintero
8 Jul 2026

O Centro Sociocultural de Monterroso acollerá este mércores 9 de xullo, ás 20.15 horas, a proxección do documental Máis de 90 anos de creatividade, unha obra dedicada á vida e á traxectoria da fotógrafa Mary Quintero. A entrada será libre para todas as persoas que desexen asistir.

O documental realiza un percorrido por máis de nove décadas de creatividade, innovación e dedicación ao mundo da imaxe, afondando na figura de Mary Quintero como pioneira da fotografía en Galicia. A produción pon en valor a súa achega á cultura galega e destaca o seu papel como unha das grandes referentes do ámbito fotográfico.

A cinta está dirixida por María Ojea e conta coa produción de Roberto Quintero e a produción executiva de Fernando Marcote. O proxecto recibiu o apoio da Xunta de Galicia, das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, así como dos concellos de Lugo e Vigo.

0.12394094467163