A unidade móbil de ADOS estará en Monterroso do 27 de abril

Monterroso acollerá o vindeiro luns 27 de abril unha nova xornada de doazón de sangue coa presenza dunha unidade móbil que se situará ao carón do Concello, co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza nesta iniciativa solidaria.
O dispositivo estará operativo en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde, de 16:00 a 21:00 horas, permitindo así que persoas con diferentes dispoñibilidades poidan achegarse a colaborar.
Desde a organización lembran a importancia de acudir en boas condicións, recomendando manter unha boa hidratación antes da doazón, non asistir en xaxún e agardar polo menos dúas horas despois do xantar. Tamén é necesario levar o DNI ou calquera documento identificativo.
Ademais, aconséllase evitar comidas copiosas antes de realizar a doazón. A campaña está dirixida a persoas maiores de 18 anos e cun peso superior aos 50 quilos, destacando que o proceso apenas require uns minutos e pode contribuír a salvar vidas.