Monterroso acollerá o espectáculo infantil 'Ramona Órbita, a dona do tempo' de Pakolas

LugoXa
A actuación, incluída na programación de Cultura no Camiño, celebrarase o sábado 18 de xullo ás 17.30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela
1-rockeando--con-pakolas
17 Jul 2026

O Concello de Monterroso ofrecerá o vindeiro sábado 18 de xullo unha nova proposta cultural para o público familiar coa representación do espectáculo 'Ramona Órbita, a dona do tempo', do artista Pakolas. A actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño, impulsado para achegar a cultura aos municipios polos que transcorren as distintas rutas xacobeas.

A función terá lugar ás 17.30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela, onde os asistentes poderán gozar dunha proposta pensada especialmente para o público infantil e familiar.

'Ramona Órbita, a dona do tempo' combina música, humor e narración para ofrecer un espectáculo participativo no que a imaxinación e a diversión son as grandes protagonistas. A iniciativa forma parte da programación cultural de verán promovida polo Concello de Monterroso, que busca ofrecer alternativas de lecer para todas as idades.

0.12118005752563