Monterroso acollerá o VIII Desafío San Miguel o 14 de setembro

LugoXa
O alcalde Eloy Pérez participou na presentación do cartel xunto cos membros do club ciclista organizador
Desafio-San-Miguel-Monterroso
25 Aug 2025

O Concello de Monterroso colaborará na organización do VIII Desafío San Miguel, unha proba de BTT que se celebrará o domingo 14 de setembro de 2025 a partir das 9:30 horas. O alcalde, Eloy Pérez, acompañou aos integrantes do club ciclista na presentación oficial do cartel desta nova edición.

O evento ofrecerá dúas rutas: unha longa de 57 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.300 metros e outra máis curta de 37 quilómetros con 700 metros de desnivel.

Ademais, os participantes contarán con servizos como ambulancia, lavado de bicicletas, duchas, reportaxe fotográfica, puntos de avituallamento e un pincho final.

As inscricións poden realizarse a través da web ccnorte.com, cun custo de 20 euros para ciclistas federados e 32 euros para os non federados.

⚙ Configurar cookies
0.17813897132874