Monterroso acollerá unha charla sobre o dano cerebral adquirido o 22 de outubro

LugoXa
A sesión abordará as principais causas, as secuelas e os recursos de atención para as persoas afectadas
concello-monterroso-edificio-2023
7 Oct 2026

O Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso acollerá o vindeiro 22 de outubro a charla "Aproximación ao dano cerebral adquirido", que se desenvolverá de 17:00 a 18:30 horas.

Durante a sesión abordaranse as principais causas do dano cerebral adquirido, entre elas o ictus e os traumatismos cranioencefálicos, así como as posibles secuelas e os recursos dispoñibles para a atención ás persoas afectadas.

A actividade é organizada por Dano Cerebral Galicia, coa colaboración do Concello de Monterroso, e conta co financiamento da Xunta de Galicia e do Grupo Tragsa.

As persoas interesadas en participar poden solicitar información ou realizar a inscrición no Concello de Monterroso, a través do teléfono 982 377 814 ou mediante o código QR incluído no cartel da actividade.

0.16972899436951