Monterroso acollerá unha charla sobre o dano cerebral adquirido o 22 de outubro

O Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso acollerá o xoves 22 de outubro, de 17.00 a 18.30 horas, unha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido, organizada por Dano Cerebral Galicia coa colaboración do Concello de Monterroso.
A actividade permitirá coñecer as principais causas do dano cerebral adquirido, entre as que se atopan o ictus e os traumatismos cranioencefálicos, así como as secuelas que poden provocar e os recursos dispoñibles para a atención das persoas afectadas.
A iniciativa busca achegar información sobre esta realidade e dar a coñecer as posibilidades de atención e apoio ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias.