Monterroso celebra as Letras Galegas coa inauguración dunha sala en recordo de cinco escritores

LugoXa
O Concello de Monterroso programa un 17 de maio con varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas
Concello Monterroso
Concello Monterroso
15 Maio 2024

O Concello de Monterroso programa un 17 de maio con varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. A primeira delas será ás 11.30 horas no Centro de Interpretación e Museo das Feiras e consistirá na inauguración da Sala dos Escritores.

A sala que se vai inaugurar é unha das tres que se atopan na planta alta do Museo e Centro de Interpretación Monterroso, a vila das feiras. En concreto, váiselle dedicar esta sala a persoeiros da cultura de Monterroso, en recordo e homenaxe a cinco escritores. O espazo vai estar composto por cinco vitrinas dedicadas a cadanseu escritor: o párroco Carlos Méndez Vázquez, Lorenzo Varela, Antonio Yebra de Ares, Teolindo Cortiña Toural e Miguel Yebra Varela.

Na inauguración van intervir Ana Vila, Adolfina Mesa, Pablo do Batán e Fernando García Penas. No mesmo acto vanse recibir as doazóns da familia Méndez Vázquez e das familias Yebra de Ares e Yebra Varela, que fixeron entrega de obxectos e diverso material para as vitrinas e para o propio museo. De seguido, haberá unha ofrenda floral a partir das 12:30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela. O acto de clausura correrá a cargo do alcalde de Monterroso, Eloy Pérez.

 

letrasgalegasmonterroso
0.20632100105286