Monterroso celebra o Día do Libro cunha tarde de contos na biblioteca municipal

LugoXa
O narrador Anxo Moure protagoniza unha actividade dirixida ao público familiar no Espazo Lorenzo Varela
anxo-moure-pregon-festival-musica-de-cine-de-roca
18 Apr 2026

O Concello de Monterroso conmemorará o Día do Libro cunha proposta cultural pensada para todos os públicos, especialmente para o familiar, a través dunha tarde de contos que terá lugar na Biblioteca Pública do Espazo Lorenzo Varela.

A iniciativa busca fomentar o gusto pola lectura e achegar a narración oral á veciñanza nunha xornada sinalada para o mundo das letras.

A actividade desenvolverase o 23 de abril a partir das 18:00 horas e contará coa participación do narrador Anxo Moure, coñecido polas súas sesións de contacontos que combinan humor, imaxinación e mensaxes vinculadas á natureza e aos valores sociais.

Deste xeito, o Concello aposta por dinamizar a biblioteca municipal e ofrecer unha alternativa cultural arredor do libro, coincidindo coa celebración internacional desta data.

0.12121796607971