Monterroso celebra o Entroido Infantil 2025 o próximo 2 de marzo

O Concello de Monterroso prepara unha xornada chea de diversión e imaxinación para os máis pequenos do municipio co seu Entroido Infantil 2025.
O evento terá lugar o domingo 2 de marzo no Espazo Cultural Lorenzo Varela, a partir das 17.00 horas.
Con actividades pensadas para os nenos e nenas, o Entroido promete ser unha tarde inesquecible, na que a festa e os disfraces serán os grandes protagonistas.
Desde superhéroes e villanos até magos, zombis, fadas ou sirenas, todos os pequenos están convidados a vir cos seus disfraces máis creativos.