O V Desafío San Miguel de BTT será o 18 de setembro en Monterroso

LugoXa
O próximo 18 de setembro o CC San Miguel e o Concello de Monterroso organizan a Vº Desafío CC San Miguel de BTT
Trail monterroso portada
27 Ago 2022

O próximo 18 de setembro o CC San Miguel e o Concello de Monterroso organizan o Vº Desafío CC San Miguel de BTT. Unha ruta cicloturista libre, federada e non competitiva que terá saída na Praza do Conselleiro Fernando Salgado e chegada ao mesmo lugar de Monterroso.

Conta con dúas modalidades de inscrición, unha ruta de dificultade física e técnica media-alta na opción longa que ten un recorrido total de 50 km e outra de dificultade media na ruta curta que ten unha distancia de 38 km.

As inscricións estará abertas ata o 14 de setembro ou ata completar un máximo de 250 participantes. O custo será de de 15€ para os participantes federados e 25€ para os non federados.

A entrega de dorsais será o mesmo día da competición a partir das 8.00 na Praza Conselleiro Fernando Salgado e a saída terá lugar ás 9:30 horas.

Trail monterroso
0.11094808578491