Monterroso celebrou unha nova edición de San Cristovo co tradicional desfile de vehículos

LugoXa
Coches, furgonetas, camións, motos e vehículos agrícolas participaron na celebración, que continuou na Área Recreativa da Peneda con música e comidas familiares
desfile-vehiculos-san-cristovo-mmonterroso
11 Jul 2026

Monterroso celebrou este venres unha nova edición da festividade de San Cristovo cun desfile no que participaron numerosos coches, furgonetas, camións, motos e vehículos agrícolas. Tras a misa, todos eles recibiron a tradicional bendición.

O desfile estivo amenizado polo grupo de gaitas Falcatrueiros Monterroso e reuniu a moito público fronte á igrexa de San Miguel. A bendición dos vehículos foi oficiada polo cura nun acto presidido polo alcalde de Monterroso, Eloy Pérez. Entre os participantes destacou a condutora máis nova da xornada, unha nena de sete meses e medio.

A programación continuou na Área Recreativa da Peneda coa actuación musical de Os Charangos de Neda e coas tradicionais comidas familiares. Xa pola noite déronse a coñecer os gañadores dos premios aos vehículos mellor engalanados.

0.12147521972656