Monterroso clausura as Escolas Deportivas cunha xornada de xogos, deporte e entrega de diplomas

LugoXa
O evento celebrarase o martes 16 de xuño na Cúpula a partir das 16:30 horas con actividades multideportivas e agasallos para os participantes
escolas-deportivas-Monterroso
7 Jun 2026

O Concello de Monterroso celebrará o vindeiro martes, 16 de xuño, a clausura das súas Escolas Deportivas cunha tarde dedicada ao deporte, aos xogos e á diversión na Cúpula.

A xornada dará comezo ás 16:30 horas coa actividade de ioga kids, seguida ás 17:00 horas pola sesión de judo. Posteriormente desenvolverase unha xornada de xogos e actividade multideportiva ás 18:00 horas, e ás 19:00 horas terá lugar a quenda de patinaxe.

Ao remate da programación realizarase a entrega de diplomas e agasallos para todos os participantes, poñendo así o peche a unha tempada de formación e actividade deportiva municipal.

0.14150595664978