Monterroso colaborará coa Universidade de Vigo para acoller alumnado en prácticas

LugoXa
O convenio terá unha duración de catro anos e permitirá ao estudantado universitario realizar prácticas académicas externas no Concello
alcalde-Monterroso-Eloy
30 Jun 2026

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez Sindín, asinou o convenio de cooperación educativa remitido pola Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas por parte do estudantado universitario.

O acordo, que terá unha vixencia de catro anos, permitirá ao Concello de Monterroso incorporar estudantes procedentes da institución académica para desenvolver períodos de formación práctica nas diferentes áreas municipais.

A iniciativa ten como principal obxectivo complementar a formación do alumnado universitario, facilitándolle unha aproximación ao ámbito profesional e contribuíndo a mellorar a súa preparación de cara á futura incorporación ao mercado laboral.

Coa sinatura deste convenio, o Concello de Monterroso e a Universidade de Vigo reforzan a súa colaboración institucional no ámbito da formación e da preparación académica, impulsando novas oportunidades de aprendizaxe práctica para o estudantado.

0.15310621261597