Monterroso comeza o San Miguel con París de Noia, Olympus e Los Players

LugoXa
Monterroso prepara as súas Festas de San Miguel 2024, das máis agardadas do mes de setembro
Orquestra_Paris_de_Noia
26 sep 2024

Monterroso conta as horas para celebrar as súas Festas de San Miguel 2024, das máis agardadas do mes de setembro. O concello celebrará a súa romaría dende este venres achegando un cartel cargado de música e actividades para todos os públicos. Comezan co pregón a partir das 21.00 horas na Casa do Concello, seguido da actuación do dúo Trasnos ás 22.30 horas.

Este sábado, Día do Neno, terán pasacalles a cargo da asociación cultural Falcatrueiros, seguida de misa solemne dende as 12.00 horas e procesión e actuación da banda de música de Antas de Ulla. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá inchables de balde para toda a cativada no Espazo Lorenzo Varela. Xa ás 19.00 horas, programan unha ruta de bares con animación.

Ás 20.00 horas volverá actuar a banda de música de Antas de Ulla, seguida do cocnerto de Aixa Romay dende as 22.30 e dunha verbena co grupo Orige e dunha sesión de fogos de artificio. O domingo 29 haberá pasacalles coa banda de música de Vissantoña, que tamén actuará despois da misa solemne. Dende as 18.00 horas, os veciños e asistentes poderán gozar da actuación da escola Gold Dance na Cúpula.

A partir das 22.30 horas o dúo Sonidos amenizará a xornada seguida da actuación da orquestra París de Noia. O luns 30 despiden as súas patronais con misa solemne e verbena dende as 22.30 horas da man de Los Players. Desde a Asociación de Festas piden a colaboración dos veciños e veciñas para levalas a cabo.

 

san miguel monterroso
0.14198899269104