Monterroso homenaxea ao doutor Juan Cayuela Prieto tras a súa xubilación

LugoXa
O Concello e a veciñanza recoñecen case catro décadas de servizo como médico de Atención Primaria no municipio
homenaxe-doutor-Juan-Cayuela-Prieto-Monterroso
25 Jun 2026

O Concello de Monterroso celebrou unha homenaxe ao doutor Juan Cayuela Prieto con motivo da súa xubilación, nun acto no que se puxo en valor unha traxectoria profesional de case catro décadas dedicadas á medicina de Atención Primaria no municipio.

O recoñecemento, impulsado pola administración local e pola veciñanza, destacou a súa labor ininterrompida desde o ano 1987 ata a actualidade, tempo no que exerceu non só como profesional sanitario, senón tamén como figura de referencia humana para varias xeracións de veciños e veciñas.

Durante o acto subliñouse a súa vocación de servizo, a responsabilidade e a entrega coa que desenvolveu o seu traballo ao longo dos anos, así como a súa proximidade, capacidade de escoita e trato afable, cualidades que o converteron nun apoio constante tanto nos momentos de alegría como nos de maior dificultade.

A homenaxe puxo tamén o acento no seu papel como servidor público comprometido coa saúde e o benestar da comunidade, deixando unha pegada profunda na historia recente de Monterroso e no recordo de todas aquelas persoas ás que acompañou ao longo da súa carreira profesional.

0.14477205276489