Monterroso infórmase co BNG dos efectos do parque eólico Vacaloura

LugoXa
O BNG organizou unha charla informativa para dara coñecer á veciñanza de Monterroso os posibles efectos adversos do parque eólico Vacaloura.
acto bng monterroso
acto bng monterroso
21 Maio 2022

O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso convocou unha charla informativa sobre as implicacións e afeccións da posíbel construción do parque eólico Vacaloura, o que afecta aos concellos de Monterroso e Portomarín. Contou coa participación de Xosé Manuel Golpe, consultor enerxético, e Brais Vázquez, membro do BNG na localidade.

“En Monterroso temos afectados os lugares de Trascastro, San Miguel, A Uceira, O Vilar, Pol, Toxide e Lama da Pereira, por isto, puxemos en marcha esta charla informativa para que as veciñas e veciños saiban como é o camiño que teñen que afrontar, e deslucir aquelas inquedanzas que teñan sobre estas instalacións” explicou o membro do BNG en Monterroso, Brais Vázquez.

O BNG impulsa este tipo de actos dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega, no que o Bloque denuncia o boom eólico que se está a producir en Galicia en favor dos intereses das grandes empresas do oligopolio eléctrico.

0.19041299819946