Monterroso organiza un campamento de Nadal para o alumnado de Primaria

A actividade celebrarase os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro, con obradoiros e propostas creativas. O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 15 de decembro.
O Concello de Monterroso organizará un campamento de Nadal dirixido ao alumnado de Educación Primaria durante as vacacións escolares. A iniciativa desenvolverase os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e incluirá diferentes actividades e manualidades.
Os participantes dividiranse en dous grupos segundo o curso. O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria acudirá de 10:00 a 12:00 horas, mentres que os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º terán o seu horario de 12:00 a 14:00 horas.
Entre as propostas figuran obradoiros de Hama Beads, elaboración de figuras con cubos 3D de madeira, unha competición de figuras de plastilina e creación de postais. O prazo para inscribirse permanecerá aberto do 1 ao 15 de decembro. As persoas interesadas poden obter máis información no Espazo Lorenzo Varela.