Monterroso, Palas de Rei e Portomarín poñen en marcha un obradoiro de emprego para 20 persoas

LugoXa
O programa, coa colaboración da Xunta de Galicia, permitirá ao alumnado formarse nas especialidades de xardinería e turismo durante nove meses
novo-obradoiro-dual-de-emprego-Palas-de-Rei,-Monterroso-e-Portomarín
16 Oct 2026

Os concellos de Monterroso, Palas de Rei e Portomarín comparten un novo obradoiro de emprego destinado a mellorar a formación e as oportunidades laborais de 20 persoas desempregadas. A iniciativa, coa colaboración da Xunta de Galicia, foi inaugurada recentemente e desenvolverase ao longo de nove meses.

O alumnado poderá adquirir coñecementos prácticos e teóricos en dúas especialidades: xardinería e turismo. A formación busca ampliar as competencias das persoas participantes e facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

O obradoiro supón unha nova colaboración entre os tres municipios para impulsar a formación e o emprego no territorio, mediante un programa que combina a aprendizaxe en ámbitos con posibilidades de aplicación profesional.

0.14803886413574