Monterroso prepara unha nova edición da Feira de Santos
O Concello de Monterroso organiza un ano máis a Feira de Santos considerada Feira de interese turístico Galego e que se celebrará o 1 de novembro.
Xa está lista a programación e con ela poderase desfrutar dunha ponte festiva cultural e gozar do Feirón que conta con máis de 800 anos de historia.
Así, a xornada do sábado 30 dará comezo ás 16.30 cun obradoiro de O Bailar nas foliadas de Artur Puga, e ás 18.00 horas no centro sociocultural será a presentación do libro Cairón nº5.
De 19.00 a 21.00 horas haberá cantos de taberna e despois unha sesión de concertos a cargo de Alvariza e Os da Porfía.
O domingo 31 a xornada comezará máis temprano, ás 12.00 horas, coa inauguración da réplica do miliario e da ruta Do vello ao novo Monterroso.
O día grande da Feira, o día 1 de novembro, será a retransmisión en directo nas redes sociais que será presentada por Lucía Pérez. Este programa terá unha duración dunha hora e media e nel aboradaranse temas de actualidade da feira misturados con tertulias e entrevistas.
Máis tarde haberá unha actuación de Falcatrueiros na praza Antonio Rojo Losada e acto seguido será a recepción oficial das autoridades diante do Concello.