Monterroso recibe unha axuda da Xunta para a mellora do alumeado do parque empresarial

LugoXa
A actuación ten un presuposto de 30.705 euros, que o Goberno galego financia nun 80%
poligono-industrial-monterroso
Vista do polígono industrial de Monterroso
11 Xuño 2024

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria vén de concederlle unha axuda ao Concello de Monterroso para a mellora da eficiencia do sistema de iluminación do parque empresarial da vila ao abeiro das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma.

En concreto, o proxecto recolle a substitución das 47 luminarias actuais do parque de tipo LED de potencia 60W por unhas novas luminarias LED de potencia 110W e con mellor rendemento de vatio/lumen que as actuais.

Deste xeito evítase ter que duplicar a liña de alumeado existente para cubrir as necesidades do parque, o que sería máis custoso en inversión e mantemento.

Aínda que non exista unha mellora inmediata no consumo; con lámpadas máis eficientes vatio/lumen no rendemento cubriríanse as necesidades de iluminación sen a necesidade de ter que duplicar o alumeado existente para cubrir as necesidades, algo que sería moito máis custoso.

Estas novas lámpadas serán regulables con 5 chanzos de potencia, o que permitirá programar o consumo e función dos tramos horarios de uso. As actuacións prevén a instalación de programadores nos cadros de manobra e protección.

Tamén se prevé a instalación de un novo punto de luz LED de 110W co seu corresponden brazo de fixación no alumeado público sobre o edificio dotacional do parque empresarial que permita alumear os aparcamentos do parque.

En terceiro lugar, vaise reformar outra liña de alumeado público do parque formada por dúas lámpadas sobre poste e incorporándoas a o alumeado principal do parque. Unificaríanse os dous alumeados públicos nun solo evitando a duplicidade de puntos de subministro.

Todas as lámpadas substituídas poderán ser reutilizadas (de ser preciso) en outros alumeados da vila.

A actuación ten un presuposto de 30.705 euros, que o Goberno galego financia nun 80%.

0.20480585098267