Monterroso recibirá este martes unha unidade móbil para doar sangue

LugoXa
O vehículo da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará xunto ao Concello o 20 de outubro, de 16:00 a 21:00 horas, para facilitar a participación da veciñanza
BETANZOS bus doazon
19 Oct 2026

A veciñanza de Monterroso terá unha nova oportunidade para doar sangue este martes 20 de outubro, coa instalación dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) xunto ao edificio do Concello.

O vehículo permanecerá neste punto entre as 16:00 e as 21:00 horas, co obxectivo de achegar o servizo á poboación e fomentar a participación nas campañas de doazón.

A iniciativa busca facilitar as doazóns e contribuír a manter as reservas de sangue necesarias para atender as necesidades dos centros sanitarios.

0.15691304206848