Monterroso reúne a preto de 300 persoas na Festa da Terceira Idade

Preto de 300 persoas participarán este venres na Festa da Terceira Idade de Monterroso, unha xornada organizada polo Concello para homenaxear as persoas maiores do municipio e favorecer o encontro entre veciños. A asistencia será gratuíta para as persoas xubiladas empadroadas na localidade.
A programación comezará ás 12:00 horas cunha misa na igrexa parroquial. Unha hora máis tarde, ás 13:00 horas, a Banda EGS ofrecerá unha actuación musical antes do xantar na Cúpula, onde se desenvolverá a celebración.
Pola tarde, a música continuará co Dúo Trasnos, que se encargará de amenizar a xornada e poñer o broche á programación festiva.
O Goberno local destaca o carácter social desta cita, concibida como unha oportunidade para compartir tempo, reencontrarse e desfrutar dunha xornada de convivencia. A iniciativa busca tamén recoñecer o traballo e os esforzos das persoas maiores ao longo da súa vida.