Monterroso reunirá tres formacións corais nun Concerto de Outono o 20 de novembro

A igrexa parroquial de Monterroso acollerá o venres 20 de novembro, ás 20:00 horas, un Concerto de Outono no que participarán tres formacións musicais: a Schola Gregoriana Lucensis, a Coral Polifónica de Portomarín e a Coral Polifónica Ecos do Ulla.
A cita está organizada pola Coral Ecos do Ulla, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do programa Tradigalu, e coa colaboración do Concello e da Parroquia de Monterroso.