Morcegos de Galicia revisará as caixas refuxio das Insuas do Miño polo Día das Reservas da Biosfera

LugoXa | TerraChaXa
A actividade está aberta a todos os públicos e terá como punto de encontro a Casa das Insuas, en Rábade
morcegos-de-galicia
31 Oct 2026

A asociación Morcegos de Galicia organizará unha actividade nas Insuas do Miño con motivo do Día Internacional das Reservas da Biosfera, que se conmemora o 3 de novembro. A iniciativa consistirá na revisión da rede de caixas refuxio instaladas na zona para comprobar se están a ser utilizadas polos morcegos, especialmente polos exemplares de maior tamaño que se aparean neste territorio.

A actividade está aberta a todos os públicos e terá como punto de encontro a Casa das Insuas, en Rábade. A saída está prevista para as 16.00 horas e a duración aproximada será de dúas horas e media.

A organización conta con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico info@morcegosdegalicia.org.

A proposta está organizada por Morcegos de Galicia, coa colaboración doutras entidades, e conta co apoio económico da Deputación de Lugo, no marco das actividades vinculadas á Reserva da Biosfera Terras do Miño.

0.14882588386536