Mougán celebrará a XXVII Festa do Pemento o sábado 2 de agosto

LugoXa
A xornada estará cargada de actividades gastronómicas, musicais e lúdicas para todos os públicos
festa-do-pemento-de-mougan
17 Jul 2025

A parroquia de Mougán, en Guntín, acollerá o vindeiro sábado 2 de agosto de 2025 a XXVII edición da súa tradicional Festa do Pemento, unha cita xa consolidada no calendario festivo da comarca lucense. A xornada estará cargada de actividades gastronómicas, musicais e lúdicas para todos os públicos.

Os actos comezarán ás 13:30 horas co pregón e a sesión vermú a cargo do Dúo Élite. Ás 15:00 horas terá lugar unha das citas máis esperadas: a degustación de pementos e churrascada de balde para todos os asistentes.

Pola tarde celebrarase un campionato de tute, seguido do tardeo ás 18:00 horas con música a cargo de DJ Min.

A festa continuará ás 22:00 horas cunha nova degustación de pementos e cea gratuíta. A organización anima á veciñanza a colaborar mercando camisetas ou gorros do evento.

Como broche final, a partir das 23:30 horas terá lugar a verbena, amenizada polos grupos Bahía e o Gran José Costas, garantindo unha noite de festa e baile.

⚙ Configurar cookies
0.16197919845581