Muebles Hermida presentou un concurso de acreedores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A fábrica Muebles Hermida de Lourenzá anunciou que solicitarán o concurso de acreedores debido ás dificultades que atravesan.
10 Dec 2019

A fábrica Muebles Hermida de Lourenzá anunciou que solicitarán o concurso de acreedores debido ás dificultades que atravesan.

Así, comunicáronllo ao persoal integrado por 95 persoas que levan case catro meses sen cobrar os seus salarios.

Según o presidente do comité de empresa, agora deberán esperar a que o xulgado nomee a un administrador concursal, e tampouco saben que pasará cos salarios pendentes.

O concelleiro do BNG municipal confirmaba a noticia e avanzaba que o grupo parlamentario nacionalista rexistrou unha batería de preguntas e de proposición non de lei no Parlamento para pedir á Xunta que medie no conflito.

Días despois do Pleno extraordinario celebrado por este tema os tres portavoces municipais do PSOE, PP e BNG reuníronse para redactar un escrito que se enviou á Xunta, á Diputación e aos grupos parlamentarios para que medien na procura de solucións ou algunha actuación ao respecto para gantir o mantemento da actividade e os postos de traballo. 

0.14822006225586