Na Mariña remite a covid pero na provincia volve crecer

TerraChaXa | LugoXa
4 Feb 2021

A provincia de Lugo desvirtúa hoxe os datos favorables de onte cun novo incremento de casos, aínda que moderado, pero cun novo rexistro alto de novos enfermos, dato que as numerosas altas non logran paliar.

De feito, este xoves os casos activos sitúanse en 2.105, que son 12 máis que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 45.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 102 casos novos (onte foron 82) e as altas chegaron ás 8.311, 92 en 24 horas, o día anterior foron 118.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.599 casos rexistrados e 177 persoas falecidas, 3 máis que onte. Trátase de dous usuarios da residencia de Sarria e outro da de Ribadeo.

Pola contra, a presión hospitalaria, empeora na UCI e baixa en planta. En Coidados Intensivos hai unha persoa máis, 26, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 65 persoas (5 menos), 36 no hospital de Lugo (9 menos), 8 na Mariña (1 máis) e 30 en Monforte (3 máis). O Polusa segue tendo un enfermo.

POR COMARCAS

Terra Chá

Vilalba dá un respiro tras o continuo incremento de casos durante as últimas semanas e ofrece un resultado negativo. A situción en Castro tamén crece debido aos resultados do cribado nunha empresa de Castro Ribeiras de Lea. Abadín e Guitiriz, chegan aos 10 casos por primeira vez en moitas semanas.

  • Vilalba volve dar un dato de rebaixa de casos con 188, 5 menos que onte.
  • A Pastoriza volve rebaixar dous casos máis ata 12 contaxios.
  • Outeiro de Rei mantén 17.
  • Begonte sobe a 179 (2 máis).
  • Castro de Rei sobe 3 ata 20.
  • Friol queda en 16 contaxiados.
  • Abadín e Guitiriz chegan aos 10 casos.
  • No veciño Concello das Pontes volven frear os contaxios en 71.

A Mariña

A covid continúa en remisión na comarca con todos os concellos rebaixando a incidencia ou manténdoa.

  • Novo baixón en Viveiro, que certifica 109, 4 menos.
  • Xove rebaixa ata 22 (6 menos) no camiño á estabilidade.
  • Burela volve baixar e queda en 35, con 5 casos menos.
  • Boas novas para O Vicedo, que rebaixa 7 queda con 24 enfermos.
  • Cervo rebaixa ata 12, 1 menos.
  • Ribadeo tamén rebaixa 1 ata 26.
  • Foz mantense en 10 contaxiados.
  • Riotorto mantén os 11 de onte.

Centro da provincia

Agás Lugo, que suma novos contaxios, a estabilidade volve ao centro da provincia.

  • Lugo conta con 445 casos, 19 máis que onte.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 4 menos e 57 en total.
  • Monterroso mantense en 16.
  • No Corgo sobe un caso ata 11.
  • Becerreá mantén os 10 casos de onte.
  • Castroverde segue con 16 positivos.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria segue estable aínda que moitos casos, na comarca a situación estáncase e O Páramo, detecta o primeiro positivo en semanas.

  • Sarria mantén a cifra de onte, 174 contaxios.
  • Láncara rebaixa 1 ata 19.
  • Paradela mantén 16 casos.
  • O Incio rebaixa dos 10 casos novos.

Ribeira Sacra

Tamen chega a remisión ao sur da provincia, onde Monforte rexitra unha nova baixada de casos. Monforte e Quiroga seguen centralizando a incidencia no sur da provincia e en maior ou menor estáncase o crecmento en todos os concellos, agás A Pobra de Brollón e Sober.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 220 casos, 1 menos que onte.
  • Quiroga volve diminuír. Hoxe son 103, 7 menos que onte.
  • Chantada mantense en 49 (2 menos)
  • Taboada aumenta un caso para chegar a 11.
  • O Saviñao rebaixa 5 e ten 30 contaxios.
  • Pantón mantén 25.
  • Ribas de Sil baixa un caso e xa son 15.
  • Pobra do Brollón mantén 10.
  • Sober rebaixa de novo dos 10 casos acumulados.
0.11305999755859