Nace a Asociación Capital Humano, a primeira agrupación lucense de profesionais de Recursos Humanos

LugoXa
A entidade ten entre os seus obxectivos traballar en común e promover accións conxuntas para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Lugo
Asociación-Capital-Humano-Lugo
8 May 2025

Vén de presentarse a asociación Capital Humano, a primeira agrupación lucense de profesionais de Recursos Humanos, que nace impulsada por un grupo de antigos alumnos e alumnas da Escola Universitaria de Relacións Laborais.

Baixo a directiva de David Seijas, está formada por profesionais de Recursos Humanos que traballan en diferentes sectores.

A entidade ten entre os seus obxectivos traballar en común e promover accións conxuntas para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Lugo e de Galicia a través de estratexias efectivas de xestión de persoal.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ofreceulles a cooperación da Xunta en todas aquelas iniciativas que axuden a afrontar os retos e desafíos do mercado laboral, como a adecuación da oferta formativa á estrutura produtiva da provincia ou a potenciación das ferramentas que contribúan a casar a oferta coa demanda das empresas.

⚙ Configurar cookies
0.080932855606079