Navallos, en Ribeira de Piquín, está de festa este sábado

Este sábado a parroquia de Navallos celebra a súa romaría na honra á Nosa Señora do Rosario
festas-patronais
31 Ago 2024

Ribeira de Piquín está de festa esta fin de semana. Este sábado a parroquia de Navallos celebra a súa romaría na honra á Nosa Señora do Rosario. O programa comeza con misa a partir das 13.30 oras e procesión con Jaime Otero e Álvaro Seivane. Seguidamente, terá lugar unha sesión vermú da man do trío Karma.

Os asistentes e veciños tamén poderán gozar dunha comida popular no campo da festa. E a música pola tarde tampouco faltará. A partir das 18.30 horas comezará a sesión de tarde-noite ata que o corpo aguante co trío Karma e a solista Belehn Arencibia. Ademais, haberá unha pancetada totalmente de balde.

0.10831117630005