Navia celebra as súas festas do 16 ao 19 de setembro
Este venres 16 dan comezo as festas en Navia de Suarna coa representación teatral da obra A deusa Navia ás 21.00 no alargo da Asociación Irmandade Naviega.
O sábado as celebracións comezarán ás 17.00 con xogos infantís na praza da vila para continuar ás 20.00 coa actuación da Banda de acordeóns no mesmo lugar. äs 23.00 dará comezo a verbena coas actuacións da orquestra Escaparate e Ruth Cundins.
O domingo terá lugar unha misa ás 13.30 acompañada da Banda Municipal de Meira para continuar con unha sesión vermú a cargo da orquestra Fuego.
Pola tarde ás 18.00 haberá un pasarrúas amenizado pola Asociación Cultural Abrente de As Nogais. Para rematar o día haberá ñas 23.00 unha verbena a cargo da orquestra Fuego.
O luns 19 comezará o día con unha sesión vermú ás 14.30 amenizada por Unión y Fuerza para continuar con unha comida campestre nas Veigas ás 15.00.
A partir das 17.00 habera actuacións e pasarrúas coa charanga Louband. Para rematar as festas ás 23.00 dara comezo a verbena final a cargo de Unión y Fuerza.