Navia de Suarna celebra o Vrau das letras naviegas
O 8 de agosto, Navia de Suarna celebra o Vrau das letras naviegas onde o cantautor Alfredo González Vilela e Toño Núñez que presentarán o disco Navia.
A presentación realizarase no Alargo ás 20 horas, onde se poderá disfrutar da unión de dous personaxes lucenses de categoría. Por un lado, o cantautor Alfredo González, que comezou a súa andaina en 1972 e que chegou a actuar ao lado de Andrés Dobarro, Fuxan os Ventos e Ana Kiro. Así pois, cantando e interpretando xunto a él estará Toño Núñez, poeta e docente nado en Navia de Suarna.
Dúas grandes figuras das que se poderá disfruta en Navia de Suarna e que contarán con Vadim Yukhnevich coma artista invitado, un cantante que percorreu 3.500 kilómetros tocando nas beirarrúas de diferentes sitios de Europa ata chegar a Lugo.
Así mesmo, cumpliranse todas as medidas sanitarias vixentes para poder gozar dunha xornada de música, bo ambiente e narrativa.